Pois, sí, volvendo ós re-cordos: traendo ó corazón, novamente, as cousas de outros tempos, ainda que non teñan nada que ver con Paradela de Coles, que eu, daquela, pasaba o tempo na Cañiza...
Xa falei de Conchita de Pepa e do raro que é que dos seis irmáns que eran, a uns lles chamáramos de Andrés e a outros de Pepa. Pois, teño moitas lembranzas da familia, tanto dos de antes coma dos de agora. E, vai o que sei:
A señora Contempla tiña unha tenda de caramelos e outras lambetadas. A única daquela, polo que tódolos rapaces pasabamos por alí. Teño a idea (non sei se certa) de que o seu home fora represaliado na guerra. Tivo, que eu saiba, dous fillos: Tirso (a quen eu coñecín xa de maior, porque estivo no extranxeiro) e Pepa. Pepa casou con Andrés. Tiñan, él unha tenda de tecidos e ela unha mercería. E, ambolosdous, seis fillos (Andrés, Jaime, Tirso, Fita, Mari e Conchita).Fita e Mari eran amigas miñas, saiamos co mesmo grupo de xente. Fita era a cousa máis simpática que poida haber e, entre ela e Chona (outra amiga), teñen anécdotas para dar e tomar. Hoxe xa todos teñen fillos maiores. Cando eses fillos eran nenos, os curmáns tiñan as súas liortas, máis de palabra que outra cousa. Alá pola década dos oitenta, frente á casa onde vivía Jaime (fillo de Jaime), nun buzón de correos, apareceu unha pintada; eu supoño que a fixo Andrés (fillo de Tirso). Era moi ofensiva, se temos en conta que os rapaces fan competición de quen e o que mexa máis lonxe...
Dicía (sic):"Jaime no tiene pilila ni nunca la tendrá, que le ponen una goma para poder mear".
Pasei ó día seguinte e atopei outra pintada, supoño que feita por Xaime:" Andrés no tiene collóns y no puede collonar". Pode que me trabuque nos autores, pero o contido, xúrovolo, é certo.