- Entramos as sete da tarde, como estaba previsto, e ,durante máis de unha hora, a xente presentou credenciais, correxindo erros do sábado, ou aportando novos datos. (Eso non sería preciso se n convocatoria do sábado se dixera:" Cada asociación deberá presentar: 1º.-Certificado d@ secretari@ da asociación, confirmando que foi elexido representante.2º.-Fotocopia compulsada da composición da xunta directiva".)
- Repartiron un papeliño con dúas papeletas (si, non)
- Decidiron que pasabamos a votar.
- Un convocado por Medioambiente dixo que él non estaba dacordo con que a súa mesa estivera formada por Medio ambiente, tecores, caza e pesca.
- Eu preguntei se, antes de votar, non se ía discutir se estabamos dacordo ou non co que se decidira en Barbadás, porque cando falou connosco Agader, a idea era que o diñeiro se repartira dende a base, dende o pobo e non polos políticos
- Outro señor opinou que o sistema de avais non lle parecía correcto e que era mellor reunirse, coñecerse e logo votar o representante
- Un coarto participante dixo que na súa mesa estaban as cooperativas todas e que el quería unha mesa para cooperativas agrarias (da que él era o único representante)
- Un representante da mesa de discapacitados dixo que os papeles estaban moi claros e que se alguén non sabía ler, era o seu problema (ninguén lle aclarou que saber ler non é saber interpretar e que á súa asociación lle estaban metendo un gol).
- Por parte da mesa, non se aclarou nada, so se dixo que o que se facía era adiantar traballo, que só se votaba unha xestora, e que mentras nós descansábamos eles pasaran moito traballo, e que todo o que se acordara, constaría en acta. Pasaron a ler a lista de representantes según os avais que cada quén tiña.E dixeron que podiamos votar a man alzada.
- Eu volvín pedir a palabra e dixen que, por favor constara en acta que non estaba de acordo coa proporcionalidade do número de representantes (6 de institucións, de doce presentes;2 de asociacións de veciños, de vinte presentes, 1 de cooperativas agrarias, de ún presente) e que, por favor, pasaran á votación, pero que ésta fora nunha urna, para garantizar a súa legalidade.
- Ainda houbo outras opinións, pero todas sobre o mesmo tema, pero sen aportar nada novo.
- Pasouse á votación, moitas persoas foron chamadas dúas veces...Dende as bancadas oíase, "xa votou", tanto lles tivo: o mesmo erro cometéuse unha e outra vez.
Fin do acontecido. Cada quén que saque as súas conclusións. Os representantes das asociacións de veciños, lóxicamente son da cidade, onde se coñecen e avalan entre eles. Os do rural xuntámosnos pouco, e so os do concello ¿qué posibilidades tiñamos de xuntar 15 avais? Pero ¿ por qué os representantes teñen que sair por avais e non por votación de cada mesa, escoitadas as intencións das persoas que se presenten?
Os proxectos que os representantes veciñais de Ourense queiran potenciar non terán nada que ver cos nosos. Na aldea estamos, en moitas cousas, subdesenrolados e, como dixo o sabio "primum vivere, deinde filosofare" :mentras eles precisan proxectos de lecer, nós precisamos industrias primarias que fagan que o rural non quede despoboado; mentras eles queren parques para que xoguen os seus nenos, os nosos nenos, os dous nenos do noso pobo (O Alex e o Angel), andan en bicicleta polo "carril bici-carril vaca-carril can-carril coche", porque cando os vemos xogando, cada qué para o coche se fai falla. Porque nós, a Dios gracias, no primum vívere, coidamos que a un neno edúcao toda a aldea, (os africanos din que a un neno edúcao toda a tribu).
Pero temos soños (que maravilla de galego que diferencia sono-gana de durmir- de soño-desexo utópico)que fan do rural galego un paraíso. O soño de que o noso monte sexa un referente para todos, que xenere industrias derivadas; turismo rural; gandeiría axeitada; agricultura ecolóxica; formas de vida respeitosas co medio ambiente...En Coles temos todo o que se pode pedir: Pazos fermosísimos, dedicados a turismo rural; fornos comunais; muíños en boísimo estado a todo o largo do regato de Lusín e máis; un muíño de vento; outro para moer aceite; un precioso embarcadoiro en Rivela; unha hípica; unhas paisaxes incribles ;e pedras...Unha terra que da cento por un: horta, millo, cebada, patacas, viño. Un monte que da madeiras nobles: carballos, castaños, nogais. E un so problema: non ser capaces de refundilo todo, de traballar codo con codo.
Pero, habémolo cambiar.
Se teño que facer balance, o día foi moi bo: traballei pola mañana; viñen ó meu blog e escribín; comín ben ; lin dúas horiñas (un libro interesantísimo que se chama "Los hombres que no amaban a las mujeres") e marchei á xuntantanza. Non me pareceu ben o que fixeron, pero cumplín co meu traballo de representar os sentimentos da miña aldea e despois fun tomar un café con Amparo, unha rapaza que ten unha cooperativa medioambiental, para a educación, chamada Equal, na Barra, onde fan campamentos e ensinan ós nenos e nenas o respeto pola natureza, dende o coñecemento e o amor á mesma. E, cando cheguei á casa, aparte da festa que me fixeron os meus cans (¡cómo se pode manifestar tanta ledicia, facer tanta festa, despois de tres horas sen verme! hai moita xente que me perde de vista un mes e cando me ve, como moito, sonríe), atopei una bolsa de xudías, regalo de Marina. Bendita sexa, acabou de me aleda-lo día.