Alá polas 12, apareceu Víctor por Paradela de Coles.
Xa tiña eu feito tódolos meus deberes de muller rural :os cabalos mantidos e gardados, a herba para pola noitiña traída dende o prado, os pitos para engorde con comida e bebida abonda, os cans con dous kilómetros de camiñata, un sitio preparado para gardala herba do prado do marica; en fin as voltiñas cotiás.
Victor xa me tiña prometido vir hai tempo, pero anda sempre ocupado en mil cousas e tamén disfrutando dunhas merecidas vacacións , despois de unhas boísimas notas. O fin de semana foi de concerto a Madrid, porque pouco lle queda de disfrute, que en agosto empeza a traballar.
A última vez que veu comer comigo rpometeume botarme unha man co blog, porque hai moitas cousas que quero facer e non sei, entre outras, facer enlaces con outros blogs, para entrar directamente con xente que se divirte coma min.
E, niso andamos.