Festa en Paradela de Coles, festa no meu corazón. Porque onte viñeron, de visita, todolos que lle dan título á entrada de hoxe. Ceamos xuntos :picantón por cabeza, patacas fritidas, pizza, ensalada de leituga, ensalada de remolacha. De postre xelado. Regámolo todo con Faustino I de reserva do 94. Supoño que vos parece ben, pois iso non é nada...o mellor foi a conversa.
Falamos de traballo, de política e de libros. O traballo non ben ó caso pero a conclusión é que tanto eles coma min traballamos en algo que nos apaixoa e somos felices facéndoo. E non ten precio que así sexa. Pola miña banda, sempre dixen que ainda que me tocara a lotería cunha cifra das que non caben nun cheque, eu seguiría traballando. A eles, ainda que seguramente cambiarían algunha cousa, penso que lles pasa igual.
En política, coincidimos en moitas cousas :Amamos á nosa terra, pero sentímonos integrados na España plural. Nacho fixo un comentario perfecto: Hai pouco foron a estar preto da familia de Sonia, que tivo un falecemento imprevisto. Son xente tenra e agarimosa e quixeron estar ó seu carón nos momentos do doo. Entre a xente que sufría, un rapaz de 16 anos, dunha aldea preto de Coristanco, galego falante de nacemento e desexo. Nacho, por entretelo un pouco e afastarllela dor comenzou a falarlle de fútbol, do que ambolosdous son siareiros ;estábase xogando daquela a eurocopa o rapaz dixo:"este ano é nosa". Velaí o sentimento de meirande parte dos galegos NOSA , a copa gañada pola selección española. Porque aspiramos a ser o mellor país de España, de feito sómolo ( para o meu gusto) en paisaxe e en moita paisanaxe; a ter todo o que outras partes da península teñen e fáltanos moito por conquerir, pero hai formas "decentes" de loitar por elo. Queremos conservalo noso idioma, a nosa cultura, a nosa riqueza en tódolos ámbitos, pero sin tripar por riba dos dereitos doutros." Este ano é nosa". Parece un eslogan máis forte que "podemos".
E falamos de libros. Nacho está abraiado por un libro escrito por Trueba que narra a historia de tres rapaces, tres persoas boas de seu, que por cousas da vida, se ven inmersos en situacións que os obligan a facer cousas impropias da xente boa. Falamos de que tódolos bos (tódolos malos), levamos dentro un malo,( un bo). As circunstancias, moitas veces marcan as nosas vidas, sen que podamos ser quen de gañarllela partida, pero iso non nos fai máis malos que outros, peores que ninguén. Cada ún de nós sabe cando o seu malo, foi quen de poder con el. Os iñocentes non existen, só que algúns van tendo sorte de ter máis dominado ó seu malo ¿deica cando?... Tan emocionado está co libro que lle quixo agradecer a David Trueba, cunhas verbas, o telo publicado. Nacho é un home novo, afeito ás novas tecnoloxías, a buscou unha páxina en internet onde poñerse en contacto con autor e non atopou ningún dominio co nome do autor.
Ten pensado regalarlle ún.
Moito máis falamos, divino e humano. Rimos xuntos, paseamos xuntos: compartimos vida.Gracias.