viernes, 11 de julio de 2008

VENRES. OS PERIÓDICOS E OS DEREITOS.

Hoxe vai ser curto, a non ser que poida publicar (se encontro as ferramentas que me permitan metela no blog) un conato de páxina web (gustaríame poder poñer güeb) que escribín hai tempo e nunca cheguei a publicar por non saber facelo. Pero a idea de encontrar e saber o nome orixinal das miñas cadelas, segue vixente e, o mellor, chego a sabelo por medio do blog (ogallá).
Hoxe, digo, vai ser curto porque teño pouco tempo, pero quero dicirlle a todos os que tratan de dividir ós españois co gallo do idioma, que, para min, as palabras unen e non separan; e que poder ter dous idiomas dende oberce é un privilexio que enriquece a galegos, vascos, cataláns, mallorquíns, valenciáns, asturianos ...quén me dera ser quen de dominalos, de poder entenderme con todos no idioma da súa orixe.